Non podo acceder aos ficheiros anexos en OWA (Outlook Web Application)


 Amósase un erro do servidor ou me indica que o intente máis tarde, cando quero previsualizar ou descargar un ficheiro anexo a unha mensaxe de correo. É un problema que afecta, de xeito puntual, a contas compartidas. Pode cambiar a configuración de traducción a "Non traducir nunca" na configuración da conta institucional afectada.

Para máis información sobre a configuración da traducción en Outlook na web (OWA) pode premer na seguinte ligazón

Máis abaixo pode consultar como personalizar unha caixa de correo compartida na sección Como personalizo a miña sinatura ou outras opcións da miña caixa de correos compartida


Non vexo correctamente o interfaz do OWA no navegador ou amosa un erro de que algo non foi ben


Os navegadores de Internet poden sofrer erros puntuais que fan que non se amose algo correctamente. As máis das veces eses erros puntuais pódense resolver eliminando o contido da caché do navegador. Para máis información pode consultar en borrar contido do navegador

Outra opción é intentar acceder empregando outo navegador ou abrir o navegador en modo navegación en privado.


Non podo enviar mensaxes de correo a enderezos de fóra da UDC


Recibe unha indicación, semellante á da seguinte imaxe, en que Microsoft lle notifica que se bloqueou o envío da mensaxe.

Detectouse o envío reiterado de SPAM desde a súa conta de correo electrónico. Isto pode indicar que o seu contrasinal está comprometido. Cómpre que o mude por outro o máis axiña posible.

Para solucionar o caso debe seguir os seguintes pasos:

Mude o contrasinal na páxina de Servizos. O novo contrasinal debe ser seguro e totalmente distinto ao anterior. Consulte a ligazón Sospeito que o meu contrasinal está comprometido ou que alguén máis o coñece

Unha vez que cambie o contrasinal, non antes, solicite que lle desbloqueen o envío da súa conta de correo electrónico en Solicitude xenérica sobre correo electrónico indicando que ten bloqueado o envío de mensaxes

Non volva empregar o contrasinal antigo, nin outro semellante


Como elixir un contrasinal seguro


Consideramos seguro un contrasinal se cumpre cos seguintes criterios:

  • posúe unha lonxitude mínima de oito caracteres
  • empregua letras, mesturando maiúsculas e minúsculas, sen incluír o eñe, nin espazos, nin letras acentuadas
  • contén un ou máis números
  • ten engadido un ou máis signos de puntuación como (:,.-_$%!)
  • non se corresponde cunha palabra completa en ningún idioma
  • non emprega información persoal (DNI, nomes de parentes, coñecidos ou mascotas, datas ou lugares de nacemento etc)

Outras fontes para elixir contrasinais seguros:


Non podo acceder ao correo electrónico


As credenciais para acceder ao correo electrónico son o seu enderezo de correo electrónico e o seu contrasinal do Portal de Servizos. Asegúrese de que está a empregar o usuario e contrasinal correctos. De persistir o erro probe a entrar no portal de Servizos no enderezo https://servizos.udc.es. Se tampouco pode acceder, probe a mudar o contrasinal segundo se indica en AxudaTIC na ligazón Portal de servizos e recuperación de contrasinal

Algunhas das ligazóns válidas para acceder ao correo electrónico son:


Sospeito que o meu contrasinal está comprometido ou que alguén máis o coñece


Proceda como se indica na ligazón Portal de servizos e recuperación de contrasinal o máis axiña posible.

Lembre que nunca debe compartir o seu contrasinal con ninguén, nin responder a formularios alleos á UDC nin ás mensaxes de correo electrónico que llo soliciten.

Desde a Universidade,  baixo ningunha circunstancia e por ningún medio, se lle pedirá o seu contrasinal.  Se ten a máis mínima dúbida de que alguén pode coñecer o seu contrasinal múdeo e non o volva empregar nunca máis.


Non recibo, ou non atopo, algunha ou ningunha mensaxe de correo na caixa de entradaa


  1. Comprobe o cartafol de correo lixo. Pode ser que a mensaxe que esperaba fose detectada como SPAM
  2. Asegúrese de non ten configurado o reenvío automático sen deixar copia na caixa de correo. Lembrámoslle que segundo a normativa aplicable sobre o uso do correo electrónico e de ferramentas informáticas, no seu apartado 14.4.c, publicada na Normativa xeral relativa á protección de datos persoais na Universidade da Coruña non está permitido o reenvío de mensaxes de correo electrónico a outros servidores alleos á UDC.
  3. Comprobe as regras da caixa de entrada na configuración do Outlook na Web. É posible que algunha regra mova e/ou elimine as mensaxes que debería recibir na caixa de entra. Pode consultar as seguintes ligazóns para ter máis información sobre as regras da caixa de entrada:
    1. Regras da caixa de entrada
    2. Empregar as regras da caixa de entrada en Outlook na Web
  4. Comprobe na configuración de Outlook na Web o apartado de Correo electrónico non desexado e as regras de limpeza
  5. Se ten a súa caixa de correo configurada nun cliente de correo de escritorio, como Outlook ou Thunderbird, revise as regras ou filtros de correo da aplicación.
  6. Pode ser que teña as mensaxes agrupadas por conversa. Consulte a seguinte a ligazón para máis información ao respecto.
  7. Existe unha opción para separar a bandexa de entrada como Prioritarios ou Outros. De estar activa amosa, por defecto só os Prioritarios. Pode cambiar á bandexa Outros para ver o resto. Pódese desactivar esta bandexa, e lle se amosen todas as mensaxes nunha única bandexa, en Configuración -> Correo -> Deseño -> Bandexa de entrada prioritarios.


Como engado unha caixa de correos compartida ao meu programa web de office365


No menú da esquerda, encima do nome de usuario con botón dereito "Agregar Cartafol Compartido". Aí poñemos o nome da caixa de correos compartida e xa aparece abaixo nos nosos cartafoles.

Obter máis información


Como abrir unha conta xenérica (institucional) da UDC no novo xestor Outlook web de office365 como unha nova pestana do meu navegador


Arriba á dereita, na icona do noso perfil, se facemos click despregamos un menú coa opción "abrir outra caixa de correo" onde só se nos pedirá o enderezo electrónico da conta de correo que desexamos abrir. Nota : Non se nos pedirá o contrasinal da mesma ao tela asignada ao noso usuario da UDC.


Como personalizo a miña sinatura ou outras opcións da miña caixa de correos compartida


Na parte dereita superior, pulsamos o noso nome e seleccionamos a opción "Abrir outra caixa de correos". Abriranos a caixa de correos compartida ao cal temos dereito co noso usuario noutra xanela e aí podemos personalizalo coma se fose a nosa caixa de correos persoal.




Actualización 30/11/2020