Estás viendo una versión antigua de esta página. Ve a la versión actual.

Comparar con el actual Ver el historial de la página

« Anterior Versión 10 Siguiente »

No 2015 comezou na UDC a emisión instantánea da tarxeta de identificación universitaria (TIU) para todos os membros da comunidade, que che permite levar en poucos minutos a túa tarxeta e gozar das súas vantaxes desde o primeiro momento.

Para iso simplemente terás que acudir a calquera dos puntos de emisión habilitados, despois de facer a matrícula/contrato ou cando empeces o curso, levando tan só o documento acreditativo (dni, pasaporte etc.) co que estás matriculado/contratado; alí realizaranche a foto que aparecerá despois na tarxeta e tamén terás que escoller o pin co que te identificarás nos diversos servizos da UDC (biblioteca, control de accesos etc.)

PUNTOS FIXOS DE EMISIÓN

A Coruña
Campus de Elviña. Oficina de campus do Banco Santander. Pavillón de Estudantes
Teléfono: 981 296 387

Ferrol
Campus de Esteiro. Oficina de campus do Banco Santander. Edificio de Apoio ao Estudo
Teléfono: 981 359 310

HORARIO

  • Do 4 ao 20 de setembro:

    • de luns a xoves, en horario de 09:30 a 13:30 e de 15:45 a 17:00

    • os venres, en horario de 09:30 a 13:30


Notas:

  • Se xa non tes vinculación coa universidade e queres unha tarxeta para acceder ao préstamo de libros na biblioteca como usuario externo, consulta esta ligazón
  • Se no punto de emision non puideches obter a tarxeta por algún destes erros debes facer o seguinte:
    • ERROR-02 (o usuario non ten dereito a tarxeta) contacta coa administración do teu centro (estudante) ou coa unidade organizativa que che realizou o contrato (persoal da UDC) para que che revisen a matrícula ou o contrato.
    • ERROR-00, ERROR-01, ERROR-03 abre unha incidencia (Informar sobre unha incidencia da TIU) reportando o erro.
  • Algúns servizos da tarxeta universitaria, como o préstamo de libros na biblioteca ou o control de acceso a edificios, requiren da activación previa no portal de Servizos da universidade, polo que é recomendable rexistrarse en https://servizos.udc.es antes de obter a tarxeta nos puntos de emisión.
  • As tarxetas que non teñen conta asociada seguen estando operativas pese a que xa finalizara a data de caducidade. Se a túa tarxeta caducou e por calquera motivo necesitas unha con data de caducidade en vigor diríxete aos puntos de emisión.