Co obxectivo de reducir a pegada ecolóxica provocada polo uso excesivo do plástico, a UDC convertiu a tarxeta universitaria a un formato dixital dispoñible a través de UDC.gal, a app oficial da Universidade da Coruña.

Se xa tiveches tarxeta física bastará con que descargues a app da UDC no teu móbil (Android - Iphone) e disporás dela ao instante.

Se nunca tiveches tarxeta (ou desexas actualizar a fotografía) terás que acudir a calquera dos puntos de emisión habilitados, despois de facer a matrícula/contrato ou cando empeces o curso, levando tan só o documento acreditativo (dni, pasaporte etc.) co que estás matriculado/contratado; alí realizaranche a foto que aparecerá despois na tarxeta e tamén terás que escoller o pin co que te identificarás nos diversos servizos da UDC (biblioteca, control de accesos etc.)

Nota sobre tarxetas de plástico: Unicamente poden seguir obtendo a tarxeta de plástico aqueles usuarios que necesiten soporte a tarxeta criptográfica para firma electrónica, controis de acceso baseados en tarxeta de proximidade ou que non dispoñan dun teléfono compatible coa nova tarxeta de identificación.

PUNTOS FIXOS DE EMISIÓN

A Coruña
Campus de Elviña. Oficina de campus do Banco Santander. Pavillón de Estudantes
Teléfono: 981 296 387

Ferrol
Campus de Esteiro. Oficina de campus do Banco Santander. Edificio de Apoio ao Estudo
Teléfono: 981 359 310

HORARIO

  • martes e xoves, en horario de 09:30 a 13:30
  • En época de matrícula para evitar unha afluencia masiva pode requirirse cita previa para ir realizar a fotografía.

CADUCIDADE

As tarxetas de plástico que non teñen conta asociada seguen estando operativas pese a que xa finalizara a data de caducidade, pero recorda que podes empregar a tarxeta virtual dispoñible na app da UDC.


Notas:

  • Se xa non tes vinculación coa universidade e queres unha tarxeta para acceder ao préstamo de libros na biblioteca como usuario externo, consulta esta ligazón
  • Se no punto de emision non puideches obter a tarxeta por algún destes erros debes facer o seguinte:
    • ERROR-02 (o usuario non ten dereito a tarxeta) contacta coa administración do teu centro (estudante) ou coa unidade organizativa que che realizou o contrato (persoal da UDC) para que che revisen a matrícula ou o contrato.
    • ERROR-00, ERROR-01, ERROR-03 abre unha incidencia (Informar sobre unha incidencia da TUI) reportando o erro.