DESCRICIÓN DO SERVIZO
A emisión da tarxeta universitaria (TIU) é o proceso mediante o cal, os membros da comunidade universitaria, poden obter fisicamente a súa tarxeta acreditativa.
A tarxeta universitaria é a credencial que permite a identificación de todos os membros integrantes da comunidade universitaria, brinda acceso a múltiples servizos tecnolóxicos e constitúe un avanzado sistema de información, xestión, acreditación, empréstito bibliotecario, acceso a recintos e, no seu caso, pagamento.
En caso de extinción ou suspensión da vinculación entre o usuario/a da tarxeta e a UDC, pérdese o dereito ao seu uso.
QUE NON INCLÚE ESTE SERVIZO
A emisión da tarxeta bibliotecaria para usuarios externos non pertencentes á comunidade universitaria.
A emisión de tarxetas de acceso a actividades deportivas, recintos ou aparcadoiros de usuarios non pertencentes á comunidade universidade.
QUEN PODE FACER USO DESTE SERVIZO
Persoal docente e investigador da UDC.
Estudantes de grao, máster universitario, doutoramento, estudos propios e universidade sénior matriculados na UDC que teñan pagada a cota correspondente á tarxeta universitaria para o presente curso académico.
Persoal de administración e servizos da UDC.
Persoal da UDC contratado con cargo a fondos orzamentarios do Capítulo VI.
PROCEDEMENTO DE EMISIÓN DA TARXETA UNIVERSITARIA (TIU)
Para obter a TIU terás que acudir a calquera dos puntos de emisión habilitados, despois de facer a matrícula/contrato ou cando empeces o curso, levando tan só o documento acreditativo (dni, pasaporte etc.) co que estás matriculado/contratado; alí realizaranche a foto que aparecerá despois na tarxeta e tamén terás que escoller o pin co que te identificarás nos diversos servizos da UDC (biblioteca, control de accesos etc.)
Puntos de emisión e horarios
No 2015 comezou na UDC a emisión instantánea da tarxeta de identificación universitaria (TIU) para todos os membros da comunidade, que che permite levar en poucos minutos a túa tarxeta e gozar das súas vantaxes desde o primeiro momento.
Para iso simplemente terás que acudir a calquera dos puntos de emisión habilitados, despois de facer a matrícula/contrato ou cando empeces o curso, levando tan só o documento acreditativo (dni, pasaporte etc.) co que estás matriculado/contratado; alí realizaranche a foto que aparecerá despois na tarxeta e tamén terás que escoller o pin co que te identificarás nos diversos servizos da UDC (biblioteca, control de accesos etc.)
PUNTOS FIXOS DE EMISIÓN
A Coruña
Campus de Elviña. Oficina de campus do Banco Santander. Pavillón de Estudantes
Teléfono: 981 296 387
Ferrol
Campus de Esteiro. Oficina de campus do Banco Santander. Edificio de Apoio ao Estudo
Teléfono: 981 359 310
HORARIO
- Martes e xoves de 09:00 a 13:00 h e de 16.00 a 17.00 h
Notas:
- Se xa non tes vinculación coa universidade e queres unha tarxeta para acceder ao préstamo de libros na biblioteca como usuario externo, consulta esta ligazón
- Se no punto de emision non puideches obter a tarxeta por algún destes erros debes facer o seguinte:
- ERROR-02 (o usuario non ten dereito a tarxeta) contacta coa administración do teu centro (estudante) ou coa unidade organizativa que che realizou o contrato (persoal da UDC) para que che revisen a matrícula ou o contrato.
- ERROR-00, ERROR-01, ERROR-03 contacta con tarjetas.sic@udc.es indicando o teu nome e o documento co que estás matriculado/contratado. Para garantir a túa identidade é preciso enviares esta solicitude desde a conta de correo da UDC.
- Algúns servizos da tarxeta universitaria, como o préstamo de libros na biblioteca ou o control de acceso a edificios, requiren da activación previa no portal de Servizos da universidade, polo que é recomendable rexistrarse en https://servizos.udc.es antes de obter a tarxeta nos puntos de emisión.
- As tarxetas que non teñen conta asociada seguen estando operativas pese a que xa finalizara a data de caducidade. Se a túa tarxeta caducou e por calquera motivo necesitas unha con data de caducidade en vigor diríxete aos puntos de emisión.
CONDICIÓNS DE USO
A tarxeta universitaria é a credencial que permite a identificación de todos os membros integrantes da comunidade universitaria, brinda acceso a múltiples servizos tecnolóxicos e constitúe un avanzado sistema de información, xestión, acreditación e, no seu caso, pagamento.
A tarxeta universitaria é unha tarxeta persoal e intransferible. A persoa titular é responsable dos actos administrativos que fosen validados e autenticados coa tarxeta que o identifica. Se es estudante, para ter dereito a ela é necesario estar matriculado na UDC e pagar a cota anual.
En caso de extinción ou suspensión da vinculación entre o usuario/a da tarxeta e a UDC, pérdese o dereito ao seu uso.
CONDICIÓNS DE USO
- 15 de xullo de 2015: Emisión directa nos puntos de emisión.