É un portal de axuda dos servizos telemáticos da Universidade da Coruña, que estamos a construír; está destinado para toda a comunidade universitaria e para os futuros membros.
Neste portal imos ir engadindo o catálogo dos servizos telemáticos dispoñibles: programas, servizos que se prestan, xestión de accesos a recursos informáticos...
Para cada servizo documentado:
Tes disponible:
Información de para que serve, quen o pode usar e de que xeito.
Guías de instalación e uso, e as ligazóns de descarga dos programas.
Podes:
Tramitar solicitudes de acceso ou uso dese servizo.
Rexistrar unha incidencia para informar dunha falla no uso do servizo e solicitar axuda para resolvela.
Facer o seguimento das solicitudes ou incidencias que teñas remitido.
Tamén neste portal estamos a publicar os avisos e novas, como son:
- Avisos de mantementos programados que poidan afectar aos servizos telemáticos
- Avisos de avarías que se teñan detectado
- Alertas de seguridade
- Novidades relacionadas cos servizos que se prestan ou novos servizos
- Consellos relacionados co uso de servicios telemáticos
Aínda estamos a traballar na documentación dos servizos; no caso dos servizos que non estean de todo documentados , o portal dirixirache ás páxinas de información existentes na web da UDC para ditos servizos, con ligazóns aos formularios de incidencias e solicitudes dispoñibles. Todos os novos servizos telemáticos vanse ofrecer dende este portal.
Seguimos a túa disposición na unidade de atención telefónica do CAU na extensión 2222 en horario de mañá.
Confiamos que este portal che sexa de utilidade e mellore a túa experiencia como usuario dos servizos informáticos.
Para afondar nos servicios disponibles:
Na páxina principal do portal tes tres lapelas, unha por cada colectivo da comunidade universitaria. Tes que premer na do colectivo ao que pertences, e accedes a todos os servizos que tés dispoñibles.
Para cada servizo tes a información das Condicións en que se presta o servizo, organizada deste xeito:
-En que consiste o servizo: describese a utilidade do servizo: pode tratarse do uso dun programa, do acceso a un recurso ou recibir un servizo a través dun traballo técnico.
-Ámbito de uso: quén pode usar o servizo , con qué finalidade e sobre qué tipo de equipamento.
-Requisitos técnicos: Que equipos o programas se precisan para poder facer uso o recibir o servizo.
-Condicións: indícase se hay restriccións de compatibilidade, limitación técnicas, condicións de uso de licenzas, requisitos legais.
-Manuais, guías de axudas, faqs e erros frecuentes.
Para notificar unha incidencia ou facer unha solicitude:
tes que ir á propia páxina do servizo, e á dereita están as ligazóns aos formularios de incidencias e solicitudes disponibles para ese servizo.
Para ver o estado das túas incidencias ou solicitudes:
tes que premer na ligazón "As miñas incidencias e solicitudes", arriba, a dereita, que está disponible en todas as páxinas de Axudatic.
Como podo notificar unha incidencia ou facer unha solicitude dun servizo?
R: As ligazóns aos formularios de incidencias e solicitudes dun servizo están na mesma páxina que a documentación de cada servizo. Podes buscar o servizo na lapela de "procura" en calqueira páxina de Axudatic.
Pódese seguir usando ó teléfono de atención ao usuario 2222?
R: Segimos disponibles na extensión 2222 en horario de mañá de 8:00 a 15:00
Que é un ticket ?
R: Nos programas para xestión de incidencias emprégase o término ticket para referirse a unha incidencia ou unha solicitude, que adoitan ir identificados cun nº de referencia.
Podes ampliar a vista pasando o rato polo vídeo e facendo click no cadro de ampliar