Estás viendo una versión antigua de esta página. Ve a la versión actual.

Comparar con el actual Ver el historial de la página

« Anterior Versión 72 Siguiente »






Que é AxudaTIC?

É un portal de axuda dos servizos telemáticos da Universidade da Coruña, que estamos a construír; está destinado para toda a comunidade universitaria e para os futuros membros.

Neste portal imos ir incluíndo o catálogo dos servizos telemáticos dispoñibles: programas, servizos que se prestan, xestión de accesos a recursos informáticos...

Para cada servizo documentado

Tes dispoñible

    • Información de para que serve, quen o pode usar e de que xeito.

    • Guías de instalación e uso, e os enlaces de descarga dos programas.

Podes:

    • Tramitar solicitudes de acceso ou uso dese servizo.

    • Rexistrar unha incidencia para informar dunha falla no uso do servizo e solicitar axuda para resolvela.

    • Facer o seguimento das solicitudes ou incidencias que teñas remitido.

Tamén neste portal  estamos a publicar os avisos e novas, como son: 

    • Avisos de mantementos programados que poidan afectar aos servizos telemáticos

    • Avisos d avarías que se teñan detectado  

    • Alertas de seguridade 

    • Novidades relacionadas cos  servizos que se prestan ou novos servizos 

    • consellos relacionados co uso de servicios telemáticos 


Aínda estamos a traballar na documentación dos servizos; no caso dos servizos que non estean documentados, o portal che dirixirá as páxinas web do dito servizo, a as incidencias e solicitudes que non estean dispoñibles no portal as tes que seguir tramitando  na unidade de atención telefónica do CAU na extensión 2222.

Todos os novos servizos telemáticos vanse ofrecer dende este portal.

Na páxina principal do portal tes tres lapelas, unha por cada colectivo da comunidade universitaria. Tes que premer na que che corresponde, e accedes a todos os servizos que están disponibles para o teu colectivo.

Como podo notificar unha incidencia ou facer unha solicitude dun servizo?

R: As ligazóns aos formularios de incidencias e solicitudes dun servizo están na mesma páxina que a documentación de cada servizo. Podes buscar o servizo na lapela de "procura" en calqueira páxina de Axudatic 

Pódese seguir usando ó teléfono de atención ao usuario 2222?

R: Segimos disponibles na extensión 2222 en horario de mañá de 8:00 a 15:00 



Vídeo presentación con lingua de signos


Podes ampliar a vista pasando o rato polo vídeo e facendo click no cadro de ampliar