É un portal de axuda dos servizos telemáticos da Universidade da Coruña, que estamos a construír; está destinado para toda a comunidade universitaria e para os futuros membros.
Neste portal vamos ir incluíndo o catálogo dos servizos telemáticos dispoñibles: programas, servizos que se prestan, xestión de accesos a recursos informáticos...
Para cada servizo documentado
Tes dispoñible:
- Información de para que serve, quen o pode usar e de que xeito.
- Guías de instalación e uso, e os enlaces de descarga dos programas.
Podes:
- Tramitar solicitudes de acceso ou uso dese servizo.
- Rexistrar unha incidencia para informar dunha falla no uso do servizo e solicitar axuda para resolvela.
- Facer o seguimento das solicitudes ou incidencias que teñas remitido.
Tamén neste portal estamos a publicar os avisos de mantementos programados que poidan afectar aos servizos telemáticos ou de avarías que se teñan detectado e as novidades relacionadas cos ditos servizos.
Aínda estamos a traballar na documentación dos servizos; no caso dos servizos que non estean documentados, o portal che dirixirá as páxinas web do dito servizo, a as incidencias e solicitudes que non estean dispoñibles no portal as tes que seguir tramitando a través do CAU na extensión 2222 ou no email cau.sic@udc.es.
Todos os novos servizos telemáticos vanse ofrecer dende este portal.