Crear a túa conta UDC
A creación da conta de usuario é o primeiro paso. Servirá para acceder aos servizos e aplicacións segundo o teu perfil. Ademais, xerará automaticamente o teu correo electrónico UDC.
🧰 Configuración dos servizos comúns principais
Unha vez teñas a túa conta, xa podes acceder ou configurar os seguintes servizos:
📶 Rede de datos. Wifi e Eduroam. Conéctate á internet da UDC desde calquera sitio dos campus con wifi segura.
📧 Correo electrónico (Outlook). Accede ao teu correo institucional para comunicarte dentro da universidade.
💼 Microsoft 365. Usa ferramentas como Word, Excel ou Teams co teu usuario UDC.
🖥️ VDI. Escritorio virtual. Accede a un escritorio virtual cos programas e recursos da UDC que necesitas desde calquera lugar.
🪪 TUI. Tarxeta Universitaria de Identificación. Identifícate como membro da UDC.
📱 App móbil da UDC. Canle de comunicación e información que permite obter información de interese e utilidade.
🧑💻 Acceso a servizos segundo o perfil
👩🏫 PDI e PTXAS
💻 Posto de traballo. Equipo e configuración para traballar na UDC.
🔐 Portal do persoal. Consulta, xestión de datos laborais, horario e catálogo de solicitudes.
🌐 VPN. Acceso á rede privada da UDC. Acceso seguro á rede interna da UDC desde fóra.
✍️ Portafirmas electrónico. Sinatura dixital de documentos oficiais.
🎓 Secretaría Virtual do profesorado. Xestión académica e docente do profesorado.
🧑🏫 Campus Virtual UDC Online. Plataforma para a docencia e aprendizaxe en liña.
Solicitude de certificado dixital (se procede). Se o teu perfil de traballo o require, podes solicitar e descargar o certificado dixital seguindo as instrucións dispoñibles no servizo correspondente: 🔗 Accede ao servizo de certificado dixital
🎓 ALUMNADO
📑 SVE. Secretaría Virtual do Estudantado. Xestión académica e trámites en liña para o alumnado.
🧑💻 Campus Virtual UDC Online. Plataforma para acceder aos contidos de clases e aprendizaxe en liña.
📚 Sistema de Xestión de Biblioteca. Consulta, préstamo e acceso a recursos bibliográficos.
🌍 Usuarios externos
Os usuarios externos, como alumnado de titulacións interuniversitarias, profesorado doutras universidades ou visitante, investigadores externos ou provedores, deben rexistrarse previamente creando unha conta a través do servizo UDC Passport.
🔗 UDC Passport. Aplicativo para accesos a persoal que non forma parte da UDC