InicioAvisos activosCatalogo de solicitudesOs meus ticketsSoporte RemotoQue é AxudaTIC

Estás viendo una versión antigua de esta página. Ve a la versión actual.

Comparar con el actual Ver el historial de la página

« Anterior Versión 3 Siguiente »


Descrición

Na Universidade da Coruña existen diferentes colectivos de usuarios e usuarias que, segundo a súa vinculación coa institución, teñen acceso a distintos servizos TIC. Esta páxina recolle e organiza os principais colectivos: alumnado con matrícula activa, ex-alumnado, alumnado vinculado (Alumni), persoal traballador (PDI e PTXAS) en activo ou non, así como usuarios externos a través de UDC Passport.

O obxectivo é ofrecer unha visión clara dos servizos tecnolóxicos dispoñibles para cada un deles, facilitando a consulta dos dereitos de acceso e o uso das ferramentas TIC da UDC. Ademais, inclúense ligazóns directas aos servizos habilitados segundo o perfil de cada persoa usuaria.


🔍 Servizos TIC dispoñibles segundo o teu perfil de usuario na UDC



O alumnado activo da UDC, é decir, con matrícula activa teñen acceso aos servizos TIC e ás aplicacións corporativas dispoñibles segundo o seu perfil. Para acceder a estes servizos é necesario autenticarse a través do Catálogo de Servizos da plataforma AxudaTIC, desde onde se da soporte e formación, e se xestionan as solicitudes, incidencias e accesos habilitados para cada colectivo.

Acceso ao catálogo de servizos


Estes colectivos teñen acceso os seguintes servizos ou ferramentas:


  • Portal de servizos
  • Correo electrónico (só alumnado vinculado colectivo alumni)
  • Rede wifi udcportal


O persoal en activo da UDC, é decir, os PDI e PTXAS teñen acceso aos servizos TIC e ás aplicacións corporativas dispoñibles segundo o seu perfil. Para acceder a estes servizos é necesario autenticarse a través do Catálogo de Servizos da plataforma AxudaTIC, desde onde se da soporte e formación, e se xestionan as solicitudes, incidencias e accesos habilitados para cada colectivo.

Acceso ao catálogo de servizos


Os Ex traballadores da UDC dos colectivos PDI ou PTXAS teñen acceso os seguintes servizos ou ferramentas:


  • Portal de servizos
  • Correo electrónico
  • Portal do persoal
  • Rede wifi udcportal


Os usuarios pertencentes a colectivos externos —como profesorado ou persoal investigador alleo á UDC, alumnado de titulacións interuniversitarias ou provedores— deben crear unha conta de usuario UDC Passport para poder acceder aos recursos e ás ferramentas TIC habilitadas pola Universidade da Coruña.

Creación de conta UDC Passport