Tipo | Título | Última Actualización |
---|
A creación de conta de acceso permite aos novos usuarios obter as credenciais corporativas da UDC, coas que poderán acceder aos servizos dixitais e ferramentas como alumnado ou como traballador. Se es un novo membro da UDC debes proceder a activar os teus servizos. Precisas o código de activación e o número e tipo de documento co que te identificaches diante da UDC, no momento de formalizar a túa matrícula ou o teu contrato. Podes acceder ao proceso de activación no botón desta mesma ficha 'Acceso á activación' pero antes consulta máis abaixo as instrucións no teu caso para Alumnado ou Traballador da UDC.
Como activar a túa conta
Unha vez transcorridas, como mínimo, 24 horas dende que realizaches a túa matrícula, xa podes proceder á activación da túa conta da UDC. Esta conta é necesaria para acceder a todos os servizos e funcionalidades que a UDC pon á disposición do seu alumnado.
Para facer a activación, accede á seguinte páxina web: https://servizos.udc.es/activacion/activacion-novo-usuario
Na pantalla que se mostra, deberás introducir como código de activación o teu número NIA, que aparece no resgardo da matrícula (se non o atopas, podes solicitalo de novo na secretaría do teu centro).
A continuación, segue os pasos cubrindo a información solicitada e preme en ‘Activarme’.
Unha vez finalizado o proceso, obterás o usuario e contrasinal co que poderás acceder a calquera servizo telemático da UDC.
Se es PTXAS, PDI, Persoal de Convenios e Contratos ou persoal da FUAC atoparalo coa copia do teu contrato (podes solicitalo de novo no servizo de persoal correspondente).
Unha vez activada a túa conta, visita o artigo de Primeiros pasos na UDC.