Tipo | Título | Última Actualización |
---|
UDC.gal é a aplicación oficial da Universidade da Coruña (UDC), a canle de comunicación e información para a comunidade universitaria que permite obter información de grande interese e utilidade:
Información pública da Universidade: consulta toda a información sobre a UDC
- Oferta académica e información para futuros estudantes
- Catálogo de investigación
- Novas
- Redes sociais
- Localizacións
- Axuda a un só toque
- Máis funcións que se irán incorporando aos poucos
Información privada: todos os teus datos personalizados segundo o teu perfil universitario.
- Consulta as túas materias e cualificacións (horarios, titorías e máis opcións nun futuro próximo)
- Tarxeta universitaria: esquécete do plástico e leva sempre no teu móbil a túa tarxeta universitaria en formato dixital, aproveitándote dos novos servizos que xurdirán con esta.
- Recibe avisos automáticos dos teus servizos universitarios e non perdas ningunha notificación importante no teu correo electrónico.
- Consulta a ocupación de espazos comúns: así poderás saber se hai sitio antes de chegar.
- Calendario universitario: desde a aplicación poderás acceder ao calendario académico e coñecer todos os eventos da universidade.
- Ofertas, retos e premios: unha sección diferente, chea de vantaxes e diversión, en que atoparás ofertas e retos especialmente deseñadas para os estudantes e demais membros da UDC. Non os perdas, poderás conseguir estupendos beneficios!
- E múltiples funcións que irán xurdindo grazas á nova tecnoloxía da aplicación.
Dispoñible en:
- Toda a comunidade universitaria.
- Todos os usuarios (parte pública).
Condicións de uso
Os térmos e condicións de uso de esta aplicación atópanse recollidos no seu “Aviso Legal”
https://webappuniversitaria.universia.net/Disclaimers/UDC/UDC_avisolegal.html
Asimesmo pode vostede consultar a "Política de privacidade" na seguinte ligazón:
https://webappuniversitaria.universia.net/Disclaimers/UDC/UDC_politicaprivacidad.html
Do mesmo xeito, e ao ser o envío push un envío SEN confirmación, a UDC non pode grarantizar a recepción do 100% das mesaxes.
É preciso Solicitar autorización para facer uso deste servizo
Non
Aplicación para dispositivo móvil.
Sistema operativo mínimo instalado
Dispoñible para Android e IOS.
Debes revisar as Preguntas Frecuentes antes de poñer una nova incidencia.
Incidencias
Se aparece o erro "No disponemos de tu fotografía para generar la TUI virtual":
Consulte a opción "Consigue a túa tarxeta" (https://www.udc.es/gl/tui/emision/) da páxina de información da TUI (https://www.udc.es/gl/tui).
Se o seu teléfono é Android, borre os datos da aplicación:
'Configuración' - 'Aplicaciones' - UDC.gal:
- Premer 'Detener'.
- 'Almacenamiento’: Premer ‘Borrar datos’.
- Inicia de novo a aplicación.
A solución á incidencia é a seguinte:
- Cuando apareza a selección de navegador, selecciona un deles e asegúrate de ter marcada a casilla 'Recordar mi selección'.
- Parecerá que non fai nada, pero abre de nuevo a aplicación UDC.gal, agora si que debería abrirse o navegador coa pantalla de login.
- Introduce as túas credenciales, deberías estar logueado/a.