1. Que debo facer para obter a tarxeta universitaria?Consulta a pestana Onde conseguila? 2. Son membro da comunidade universitaria e ao acudir ao punto de emisión non puiden obter a tarxetaSe no punto de emision non puideches obter a tarxeta por algún destes erros debes facer o seguinte: - ERROR-02 (o usuario non ten dereito a tarxeta) contacta coa administración do teu centro (estudante) ou coa unidade organizativa que che realizou o contrato (persoal da UDC) para que che revisen a matrícula ou o contrato.
- ERROR-00, ERROR-01, ERROR-03 contacta con indicando o teu nome e o documento co que estás matriculado/contratado. Para garantir a túa identidade é preciso enviares esta solicitude desde a conta de correo da UDC.
3. Necesito estar rexistrado no portal de Servizos da UDC para obter a tarxeta?Algúns servizos da tarxeta universitaria, como o préstamo de libros na biblioteca ou o control de acceso a edificios, requiren da activación previa no portal de Servizos da universidade, polo que é recomendable rexistrarse en https://servizos.udc.es antes de obter a tarxeta nos puntos de emisión. 4. Que fago se a perdo?Debes solicitar unha nova tarxeta. Consulta a pestana Onde conseguila? 5. Teño a tarxeta caducada, que teño que facer?As tarxetas que non teñen conta asociada seguen estando operativas pese a que xa finalizara a data de caducidade. Se a túa tarxeta caducou e por calquera motivo necesitas unha con data de caducidade en vigor diríxete aos puntos de emisión ou consulta a pestana Onde conseguila? |