Como recuperar os datos da túa conta de Servizos: usuario o contrasinal Se non recordas a contrasinal tes que solicitala, acreditando túa identidade, na administración do centro onde esteas matriculado. É a primeira vez que me matriculo na universidade e quero crear a miña conta en Servizos. Que debo facer? Unha vez matriculado, dispós dun código de Activación (isto imprimíchelo cun xustificante de matrícula). Conéctate á páxina web https://servizos.udc.es e sigue as instrucións que aparecen na páxina do código de activación. É a primeira vez que me matriculo na universidade e non teño o código de activación Unha vez matriculado, para recuperar o código de activación, deberás imprimir a folla correspondente na pantalla de matrícula realizada ou dirixirte á Secretaría do teu Centro. Segue as instruccións da folla para activarte Que debo facer para cambiar a clave de Servizos? Podes cambiar a túa clave en Servizos cando queiras e as veces que queiras, pero isto afecta a todos os servizos: Moodle, Correo electrónico, Secretaría Virtual, wifi, AulasNet, etc. Para cambiar a clave, entra en https://servizos.udc.es (https://servizos.udc.es/) e no menú da esquerda, pincha en Cambio de contrasinal (https://servizos.udc.es) Recorda que o cambio de contrasinal afecta a todos os servizos. Erros durante o proceso de activación Indicámosche os erros máis comúns no proceso de activación e como solventalos: Cando estou creando a miña conta en Servizos dáme a seguinte mensaxe de erro: ERRO: “As credenciais que proporcionaches (a dirección de correo electrónico e o contrasinal) non son válidos. Asegúrate de que introduciches os datos correctamente e inténtao de novo.”
CAUSA: non se introduce correctamente o contrasinal da conta de correo ou non se está escribindo ben a conta de correo. ERRO: “O código de activación que introduciches non é válido. Pódelo intentar de novo. Lémbrate de introducir tódolos datos que se che solicitan e de indicar o documento e tipo de documento co que te matriculaches ou o que aparece non teu contrato.” CAUSA: o código de activación que introduce non é correcto, non está ben xerado ou o documento asociado á conta de correo electrónico non é o mesmo que introduce o alumno. Isto último pódelo comprobar no centro onde estás matriculado.
|