Historial de página
UI Text Box | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
No 2015 comezou na UDC a emisión instantánea da tarxeta de identificación universitaria (TUI) para todos os membros da comunidade, que che permite levar en poucos minutos a túa tarxeta e gozar das súas vantaxes desde o primeiro momento. Para iso simplemente terás que acudir a calquera dos puntos de emisión habilitados, despois de facer a matrícula/contrato ou cando empeces o curso, levando tan só o documento acreditativo (dni, pasaporte etc.) co que estás matriculado/contratado; alí realizaranche a foto que aparecerá despois na tarxeta e tamén terás que escoller o pin co que te identificarás nos diversos servizos da UDC (biblioteca, control de accesos etc.) PUNTOS FIXOS DE EMISIÓNA Coruña Ferrol NOTA: Por mor da alerta sanitaria estas oficinas permanecerán temporalmente pechadas HORARIO
NOTA: Por mor da alerta sanitaria estas oficinas permanecerán temporalmente pechadas CADUCIDADEAs tarxetas que non teñen conta asociada seguen estando operativas pese a que xa finalizara a data de caducidade. Se a túa tarxeta caducou e por calquera motivo necesitas unha con data de caducidade en vigor diríxete aos puntos de emisión.
|
...