Versiones comparadas

Clave

  • Se ha añadido esta línea.
  • Se ha eliminado esta línea.
  • El formato se ha cambiado.
Procura
placeholderFai a túa consulta e selecciona unha das respostas





Horizontal Navigation Bar
Horizontal Navigation Bar Page
titleDescrición

Eduroam é unha rede sen fíos (wifi) que proporciona conectividade a Internet tanto á comunidade universitaria como aos visitantes doutras institucións.

Este servizo está dispoñible en todos os edificios da Universidade.

Adicionalmente, a rede wifi eduroam está disponible tamén noutras universidades e centros de investigación.

A rede sen fíos supón unha infraestrutura adicional á rede por cable e non pretende ser nunca un substituto da devandita rede por cable.  Ademais as prestacións, estabilidade e rendemento non son comparables á rede por cable, polo que non se recomenda o seu uso nos postos de traballo permanentes.

Introdución

eduroam (educational roaming) é un servizo a nivel mundial para a mobilidade dos usuarios que pertencen a institucións académicas ou de investigación. Permite que tanto estudantes, investigadores, profesores e resto de persoal das citadas institucións teñan conectividade a Internet nas súas propias instalacións como no resto de institucións participantes. O resultado é que o usuario poderá conectarse a eduroam, e en consecuencia a Internet, desde calquera institución adherida, empregando as mesmas credenciais de acceso.

Ligazóns:

Usuarios de UDC que van a outra institución

Calquera usuario da UDC que se vaia trasladar a outra institución pertencente a eduroam, poderá conectarse a súa rede sen fíos. Debe ter configurado o SSID eduroam. Ver a lapela "Máis" e dentro dela "Guías de configuración e cambio de contrasinal".

Para acceder á rede eduroam é necesario autenticarse co nome de usuario e contrasinal do xestor de identidade corporativo, seguido de @udc.es.

Hai que ter en conta o seguinte: se non se conecta con eduroam na UDC, tampouco o fará noutra outra institución.

Recomendámoslle consultar, na web da outra institución, a información referente a eduroam. Consulte tamén as páxinas da iniciativa nacional e internacional de eduroam.

Usuarios doutras institucións que veñen á UDC

A Universidade da Coruña pertence á iniciativa eduroam e, por tanto, habilítalles o acceso a súa rede sen fíos aos usuarios de calquera organización adherida á iniciativa de eduroam, de acordo coa súa política de itinerancia e coas normas de uso da rede sen fíos da Universidade da Coruña.

  • O usuario visitante debe empregar o SSID eduroam
  • A rede sen fíos da UDC emprega os seguintes protocolos de autenticación e de encriptación: 802.1X, EAP-TTLS, WPA2-AES

Antes de vir á UDC e de empregar a rede sen fíos, recomendámoslle comprobar se a súa organización pertence á iniciativa eduroam e ter configurado o servizo no seu dispositivo.


Expandir
titleQuen pode facer uso de este servizo

Toda a comunidade universitaria.

Condicións de uso

  1. A rede WiFi deberá utilizarse de xeito responsable, ético, eficiente e de acordo coa lexislación vixente, evitando calquera tipo de prexuízo a outros usuarios ou á organización.
  2. A UDC implantará mecanismos de filtrado de tráfico na súa rede co fin de cursar exclusivamente o tráfico que sexa necesario para proporcionar os servizos requiridos e minimizar as posibilidades dun incidente de seguridade.
  3. No uso do acceso a internet deberán respectarse as políticas de uso aceptable das institucións que proporcionan este servizo á UDC:
    1. Rede de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia (RECETGA): https://www.cesga.es/comunidad/solicitud-de-servicios/politica-de-uso-aceptable-de-recetga/
    2. Rede académica e de investigación española (RedIRIS): https://www.rediris.es/lared/
  4. A UDC levará a cabo, de xeito automatizado, a monitorización e inspección do tráfico que transcorra pola súa rede da rede, co fin de vixiar o cumprimento da súa normativa. Esta inspección poderá complementarse con outra manual naqueles casos que requiran unha análise máis detallada. En todos eles, estas actividades de supervisión levaranse a cabo nos termos especificados no artigo 10 do Regulamento xeral de uso das TIC na UDC.

Usos non permitidos

  1. O desenvolvemento de actividades que puidesen producir:
    1. A degradación do servizo.
    2. A destrución, manipulación ou acceso non autorizado á información que circula pola rede.
    3. A violación da privacidade ou da intimidade doutros usuarios/as.
    4. A deterioración do traballo doutros usuarios.
    5. A infección por sóftware malicioso dos sistemas informáticos conectados á rede.
  2. Fins comerciais alleos á UDC.
  3. Calquera transmisión de información contraria á lexislación vixente en materia de propiedade intelectual e de protección de datos persoais.
  4. A execución de probas destinadas a detectar, comprobar ou explotar vulnerabilidades de sistemas alleos, sen autorización do seu administrador.
  5. O acceso non autorizado a sistemas informáticos alleos.
  6. A conexión de calquera dispositivo que proporcione acceso remoto á rede da UDC, distinto do corporativo.
  7. A conexión de equipos de rede activos (hubs, switches, encamiñadores, módems, devasas, puntos de acceso WiFi etc.).
  8. O uso de mecanismos que puidesen afectar á estrutura lóxica da rede.
  9. A utilización de equipos que operen nas bandas de frecuencia utilizadas pola rede WiFi corporativa e a utilización de inhibidores de frecuencia dentro dos edificios e espazos da UDC, sen autorización do SIC.

Normativa de referencia

Estas condicións de uso figuran na Norma sobre o uso da rede de comunicacións e o acceso a internet, aprobada por resolución reitoral.

É preciso solicitar autorización para facer uso dos seguintes servizos

  • COMUNIDADE UNIVERSITARIA: Non é preciso solicitude para a conexión a eduroam e udcportal.
  • CONTAS DE INVITADO: calquer PAS ou PDI da Universidade pode crear contas para persoal alleo que permite a conexión ás redes wifi eduroam e udcportal. A solicitude realizase no portal de servizos  http://servizos.udc.es -> solicitar conta wifi de invitado
  • REDES WIFI ESPECIAIS:
    • udceventos: calquer PAS ou PDI da Universidade, organizador dun evento ou responsable dun edificio, pode solicitar a activación desta rede wifi para os días nos que teña lugar o evento (lapela de Incidencias e solicitudes)
    • udcdocencia: calquer PDI da Universidade pode realizar unha solicitude motivada na necesidade desta rede para a docencia.
    • udcIoT: calquer PAS ou PDI poden solicitar a conexión dun dispositivo a esta rede wifi.


Expandir
titleRequisitos e configuración

Instalación e configuración de Eduroam

Para conectarse a eduroam é necesario realizar unha configuración previa nos dispositivos (ordenadores, smartphones, etc).

eduroam proporciona ferramentas de configuración automática, disponibles nas seguintes ligazóns segundo o tipo de dispositivo:

  • Windows, macos, iOS, Linux, Chrome OS: Ir a https://cat.eduroam.org
  • Android 8 ou superior. Instalar a app getEduroam (SURF Cooperative) desde a tenda de aplicacións no dispositivo.

No momento da configuración requírese conexión a internet. Se non ten acceso a Internet, pode conectarse á wifi udcportal para realizar esta configuración inicial de eduroam no dispositivo.



Horizontal Navigation Bar Page
titleIncidencias e solicitudes
UI Text Box
iconinfo

É importante revisar que o contrasinal esté actualizado.

Unordered List (ul)
dirltr
langUTF8
titleServizos asociados

Incidencias

(advertencia) (Antes de crear esta incidencia lembra que a rede eduroam debe configurarse como se indica en "Requisitos e configuración" da lapela "Descrición" . O teu usuario da UDC nesta rede wifi (SSID) debe ir seguido de @udc.es)

Solicitudes

(advertencia) (Só exclusivamente para congresos/seminarios ou eventos. Para calquera outra solicitude de conta de invitado podes facelo no teu portal de servizos  http://servizos.udc.es -> solicitar conta wifi de invitado)



Horizontal Navigation Bar Page
titlePreguntas frecuentes
Expandir
titleModifiquei o contrasinal da conta de servizos da UDC e agora o dispositivo non conecta a eduroam. Que teño que facer?

É necesario aplicar o novo contrasinal en todos os dispositivos que estivesen previamente configurados en eduroam.

A maoría dos dispositivos amosan unha mensaxe emerxente solicitando o novo contrasinal. No caso de que isto non ocorra, é necesario configurar de novo eduroam. Recoméndase borrar a configuración previa de eduroam, no apartado de configuración wifi do dispositivo:

  • En Windows, no menú de selección de redes wifi, marcar eduroam e co botón dereito pinchar en "Dejar de recordar"
  • En iOS e macos, desinstalar o perfil de configuración, desde Axustes.
  • En Android, seleccionar eduroam e marcar en "Olvidar".


Expandir
titlePor qué empregar eduroam e non udcportal?

Á rede sen fíos que a Universidade recomenda é eduroam:

  • Conta cos protocolos de seguridade máis elevados.
  • A configuración realízase unha única vez e non é necesario introducir as credenciais cada vez que me conecto.
  • Permite conectarse noutras universidades.
  • A velocidade de conexión de udcportal está limitada

Só se recomenda empregar udcportal nos seguintes casos:

  • Para a configuración de eduroam cando o dispositivo non dispón doutra conexión.
  • Se o dispositivo se vai conectar unha única vez.
  • No caso de non dispor de conta en eduroam: antigos membros da comunidade universitaria


Expandir
titleTras configurar eduroam seguindo as recomendacións e asegurarme que o contrasinal é correcto, o dispositivo non conecta. Que podo chequear?

En determinados dispositivos, especialmente Windows, se o contrasinal da conta contén algún caracter ASCII da versión extendida como pode ser "¿" ou "ñ", prodúcese un erro na autenticación. A solución consiste en modificar o contrasinal evitando este tipo de caracteres ASCII da versión extendida.

Pode consultar na seguinte ligazón a tabla ASCII extendida: https://www.ionos.es/digitalguide/servidores/know-how/tabla-ascii/


Expandir
titleNo pasado pertencín a algún dos colectivos da Universidade, pero na actualidade non teño ningún tipo de vinculación. Podo conectarme a rede wifi?

Calquera antigo membro da comunidade universitaria pode conectarse a rede wifi udcportal. Para este caso, non está disponible eduroam.


Expandir
titlePodo configurar manualmente eduroam?

Non se recomenda, xa que na maioría dos casos estas configuracións non se realizan de forma adecuada no relativo á seguridade. A pesar de que o dispositivo se conecta correctamente á rede, as comunicacións son suscpetibles de ser interceptadas. Na lapela "Máis" atópase toda a información necesaria para realizar esta configuración de forma correcta.


Expandir
titleTeño un dispositivo Android ou iPhone, seguín os pasos indicados de configuración, pero o dispositivo non conecta.
  • En Android, se dispoñía dunha configuración manual previa, a reconfiguración non se realiza de forma correcta. Para solucionalo hai que ir á listaxe de redes wifi detectadas e "olvidar" eduroam (en zonas de cobertura desta rede). Logo, volver a intentalo de novo.
  • En iPhone, realízase unha descarga dun perfil de configuración que hai que instalar. Para acceder, haberá que localizar a zona de descarga segundo a versión de iOS nos Axustes. Recoméndase desinstalar a versión anterior do perfil previamente instalado.


Expandir
titleTeño un dispositivo Linux, e non consigo executar o configurador que descarguei da web do CAT (eduroam-linux-UdC-eduroam.py).
  • Executa o script invocando deste modo: python3 eduroam-linux-UdC-eduroam.py


Expandir
titleTeño un dispositivo iPhone con versión iOS 15, e tras instalar o perfil de configuración de eduroam, a navegación é extremadamente lenta.
  • Hai que modificar a configuración do proxy http, cambiando de automático a desactivo.
  • Realízase en "Ajustes" → "Wifi" → "eduroam". Pinchar no i.
  • Na nova pantalla, localizar a opción "Proxy HTTP" e establecer a opción "Desactivado"


Expandir
titleTeño un dispositivo Windows cunha tarxeta sen fíos Intel e nalgúns centros (*) tras escanear as redes wifi disponibles, non se amosa ningunha.

Trátase dun problema coñecido. Dependendo da versión do driver da tarxeta wifi Intel, é posible que non se amosen as redes wifi (SSIDs) que traballan en Wifi 6 (802.11ax). A recomendación de Intel para solucionar o problema consiste en actualizar os drivers á última versión:

(*) Facultade de Informática, Facultade de Econonía e Empresa, Escola Politécnica Superior, Facultade de Ciencias da Educación, Facultade de Socioloxía e de Ciencias de Comunicación, Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos e Área Científica.


Expandir
titleDesinstalei no ordenador con Windows o software que se emprega para o servizo VPN SSL (Ivanti Secure Access Client) e agora non conecta a eduroam.

Detectouse que ao desinstalar o software de Ivanti Secure Access Client nun ordenador con Windows, deixa de funcionar eduroam. A solución pasa por configurar de novo eduroam.



Horizontal Navigation Bar Page
titleMáis
Expandir
titleConfiguración manual de eduroam

Configuración manual de eduroam

En casos puntuais, pode ser necesario configurar o dispositivo para a conexión a rede wifi eduroam de forma manual.

No caso de ser necesario a configuración manual, os parámetros de configuración son os seguintes:

  • Autenticación de rede: EAP-TTLS con PAP
  • Require identidade externa: anonymous@udc.es
  • Servidor autenticación: radius.udc.es
  • Certificado CA raíz USERTrust RSA Certification Authority e GEANT OV RSA CA 4: formato pem (Válido desde o 2 de Decembro de 2021)

IMPORTANTE: é necesario instalar o certificado da Autoridade de Certificación (CA) no dispositivo, xunto co nome do servidor de autenticación. En caso contrario o contrasinal pode verse comprometido!!!


Expandir
titleGuías de configuración e cambio de contrasinal

Guías de configuración para Eduroam:

Cambio de contrasinal

Se modificou o contrasinal da conta de servizos da UDC, é necesario facer este cambio nos dispositivos nos que tiña configurado eduroam.

A maoría dos dispositivos mostran unha mensaxe emerxente solicitando o novo contrasinal. No caso de que esto non ocorra, é necesario configurar de novo eduroam. Recoméndase previamente, "olvidar" a configuración de eduroam, no apartado de configuración wifi do dispositivo.


Expandir
titleServizos ofrecidos
  • Dependendo do SSID ao que se conecte estarán dispoñibles diferentes servizos.

    Servicios ou aplicacións permitidos en eduroam (excepto para o PDI/PAS)
    • Navegación web:
      • FTP
      • HTTP,HTTPS,HTTP-EXT
    • Correo electrónico (con isto pode usar o seu cliente de correo electrónico, igual que coa conexión con fíos):
      • SMTP (só a UDC), SSMTP, SMTP-StartTLS
      • IMAP, IMAPS, IMAP2
      • POP3, POP3S
    • Control remoto:
      • VNC
      • RDP (Escritorio remoto Windows)
      • SSH 
    • Mensaxería instantánea e VoIP:
      • H.323
      • Sip
      • MSN Messenger
      • Yahoo Messenger
      • Jabber
      • IRC
    • Control de versións:
      • CVS
      • Subversion
      • Git
    • Outros:
      • Ping
      • DNS
      • NTP
      • NNTP
      • OpenVPN, IPSEC, PPTP
      • SciFinder
      • Licenzamento Cype
      • Licenzamento SPSS (só a UDC)
      • Rsync
      • Arduino Cloud
      • RPDL Data Stream (tcp/9100) (só a UDC)
    Servicios aos usuarios de udcportal
    • Navegación web:
      • FTP
      • HTTP,HTTPS,HTTP-EXT
    • Correo electrónico (con isto pode usar o seu cliente de correo electrónico, igual que coa conexión con fíos):
      • SMTP (só a UDC), SSMTP, SMTP-StartTLS
      • IMAP, IMAPS, IMAP2
      • POP3, POP3S



Máis sobre a rede eduroam


Macro de diseño de contenido

Macro de diseño de contenido