1. EN QUE CONSISTE ESTE SERVIZO

Office 365 é un conxunto de aplicacións e servizos na nube, relacionados entre si, que proporcionan diversas ferramentas (correo electrónico, calendario, axenda, mensaxería, videoconferencia, almacenamento, xestión de tarefas, paquetes ofimáticos , …) que permiten a realización de traballo colaborativo. Desde o portal de todos os servizos pódese ver información de todas as aplicacións que tes dispoñible. Velaquí unha mostra delas:


Aplicacións destacadas :

  • Paquete ofimático. Trátase das aplicacións Word, Excel, PowerPoint e OneNote, dispoñibles en versión web ou como aplicacións para computadores, móbiles ou tablets.
    Ver ficha do servizo.
  • Outlook. É a aplicación do servizo de correo electrónico, axenda e calendario. Dispoñible en versión web ou con propias aplicacións para computadores, móbiles e tablets.
  • OneDrive. É un disco persoal ao que pode acceder desde calquera sitio ou dispositivo. Dispoñible en versión web ou con propias aplicacións para computadores, móbiles e tablets.
  • Sharepoint. É un disco compartido por un grupo ou equipo de traballo ao que pode acceder desde calquera sitio ou dispositivo. Dispoñible en versión web ou con propias aplicacións para computadores, móbiles e tablets.
  • Teams (y Skype). Teams é a nova ferramenta de mensaxería de Office 365 que permite manter chats individuais ou grupais. Ademais incorpora a tecnoloxía que permite realizar vídeo/audio conferencias (o produto Skype está a ser substituído por esta).
  • Forms. É unha aplicación para xerar formularios web. Envorca os resultados nun Excel.
  • Stream. É un portal de vídeos para compartir de forma privada o pública.


QUEN PODE FACER USO DESTE SERVIZO


O servizo está destinado a:

  • Toda a comunidade universitaria que teña unha relación docente coa UDC (profesorado, alumnado e PAS que participe nalgunha formación en calidade de docente ou alumno)
  • Usuarios externos, invitados a grupos de traballo colaborativo.

NON É PRECISO SOLICITAR AUTORIZACIÓN PARA FACER USO DESTE SERVIZO

Navegadores da internet soportados
  • Navegadores recomendados: Google Chrome, Internet Explorer.
  • Aplicacións instalables: sistemas operativos soportados por cada ferremanta

SOPORTE

  • Cada ferramenta/ servizo/aplicación terá as súas propias condicións de servizo.
  • En xeral, o soporte das funcionalidades e dispoñibilidade do servizo será dependente de Microsoft (provedor do servizo). O SIC xestiona os permisos e configuracións de acceso, pero non dá soporte directo sobre este servizo.

Podes consultar aquí a páxina de soporte, cambios e actualizacións de Microsoft →


Como accedo ás aplicacións de Office 365.

R: Débese ir á ligazón  https://portal.office.com/ (adicionalmente preparouse o alias  https:// office365.udc.es/ )            


Non vexo algunhas aplicacións de Office 365.

R: No primeiro nivel menú de aplicacións visualízanse as aplicacións "ancoradas"/favoritas. Para cambialo,

Máis información


Refresco datos. Cambiei datos do meu perfil (ou outros datos) e non vexo o efecto nos servizos/aplicación.               

R: Trátase dun efecto provocado pola caché dos sistemas/aplicacións. A solución é esperar a que se asente o cambio ou pechar a sesión e volver entrar nela     


Activación de seguridade adicional: autenticación en dous pasos Como podo activar unha seguridade adicional para a miña conta de Office 365?.

R: Entra na configuración de Office 365 (desde o menú da icona cunha engrenaxe) e vaiche a "Seguridade e privacidade" -> "Comprobación de seguridade adicional" -> "Actualice os números de teléfono que usa para a seguridade da conta".

Desde aí, pódense configurar diversos mecanismos de autenticación adicional: SMS, aplicación de autenticación de Microsoft, chamada, ...               


Aparencia, idioma. O aspecto da miña contorna  office 365 non se parece ao das guías.

R: Podería ser debido a que se  utilize un  navegador moi antigo 


Aparencia, idioma. Sáenme os menús en Inglés.

R: Iso é debido a que o idioma do sistema operativo  está en galego (por exemplo todos os clientes  vdi teñen o sistema operativo en galego)


Data actualización : 31/05/2018

Servizo : Office365

Grupo : Software e aplicacións

Clase : SERVIZOS ENTREGADOS, SERVIZOS DE ACCESO, APLICACIÓNS




Search


Lembre que para acceder a todas as aplicacións de office 365 debe introducir o seu nome de usuario da UDC con @udc.es

INCIDENCIAS


MANUAIS E GUÍAS

Axuda de Microsoft

Centro de aprendizaxe de Microsoft

Colaborar no equipo







SE DESEXA MÁIS INFORMACIÓN PODE CONSULTAR AS SEGUINTES PÁXINAS OU AXUDAS DO PROVEDOR


Data actualización : 26/09/2019

Servizo : Office365

Grupo : Software e aplicacións

Clase : SERVIZOS ENTREGADOS, SERVIZOS DE ACCESO, APLICACIÓNS