O próximo xoves 28 está prevista a integración de Xescampus e a Secretaría Virtual co CAS. 

A pantalla de acceso a estas aplicacións será substituída pola de inicio de sesión en “Servizos UDC”.

Os usuarios poderán seguir empregando tanto as  súas credenciais institucionais (usuario e contrasinal) como os certificados dixitais admitidos na UDC.

Aqueles usuarios que no estean rexistrados no sistema unificado de identificación da UDC deberán facelo canto antes, noutro caso non poderán acceder a este servicio.